Iolanda Galanes Santos
Profesora titular no Departamento de Tradución e Lingüística da Universidade de Vigo e membro do equipo de traballo de CULTURFIL (USC) e de BiFeGa (BITRAGA).
Doutora en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela, con estudos de posgrao nas universidades de Laval (Quebec) e Montreal (OLST). As súas liñas de investigación son a terminoloxía e a tradución literaria, á que pertence o Catálogo Virtual da Tradución Galega (2004), elaborado polo grupo de investigación BITRAGA (BiFeGa). Nalgunhas das súas publicacións como autora e coeditora, analiza as relacións interliterarias a través da tradución (Traducción de una cultura emergente, Peter Lang 2012; Literaturas extranjeras y traducción, Peter Lang 2015; La traducción literaria. Nuevas investigaciones, Comares 2016; Promoción cultural y traducción, Peter Lang 2021). Colaborou nunha decena de dicionarios internacionais e no Dicionario Histórico da Tradución en España (DHTE). Tamén participa e organiza congresos, publica regularmente artigos e capítulos académicos.