Saltar navegación

En breve

home page help (reference guide) search download (pdf) print broken link

 

 

citation ENG Literary translation into Galician CAT Literatura traduïda al gallec EUS Galizierara itzulitako literatura POR Literatura traduzida para o galego SPA Literatura traducida al gallego 

 

 

 summary  resumen

A tradución en ámbito galego, especialmente a literaria, experimenta un período de esplendor a partir de 1975, cando se converte nunha ferramenta fundamental para a normalización e a normativización da lingua galega. O seu estudo esixe discriminar por xéneros traducidos, entre tradución literaria e non literaria, e mais por dirección, así como, analizar estatisticamente os fluxos de tradución literaria con respecto á creación e á tradución en cada dirección. Esta base cuantitativa permite singularizar etapas de especial interese, coma o período estudado (1975-2020), e tamén establecer subetapas no seu interior.

Nesta contribución preséntase unha panorámica da tradución literaria contemporánea ao galego. Máis aló do dato particular, interesa realizar unha análise sistémica da tradución desde os presupostos da socioloxía da tradución e dos estudos culturais. Valóranse aspectos cuantitativos: fluxos de tradución, linguas, culturas ou países desde os que se importan referencias, xéneros literarios, coleccións, públicos aos que van dirixidos os orixinais e tamén as traducións (que non sempre coinciden) etc. Tamén se atende a aspectos cualitativos, como a visibilidade da persoa que traduce, o lugar da tradución no sector editorial propio e foráneo ou a recepción das traducións no sistema cultural galego.

As conclusións desta análise, ademais de caracterizar a tradución literaria contemporánea en ámbito galego, presentan os condicionamentos e o papel da tradución na normalización cultural e lingüística do galego.

 

data sheet   ficha

author Iolanda Galanes Santos
publication date 2024
reference (how to cite) Galanes Santos, Iolanda. 2024. "Literatura traducida ao galego (1975-2020)" @ ENTI (Encyclopedia of translation and interpreting). AIETI.
DOI https://doi.org/10.5281/zenodo.10944041
URL stable https://www.aieti.eu/enti/galicia_lit_into_GLG

 

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)